QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

lunes, 30 de septiembre de 2013

HAI MÁIS DEPORTE ALÉN DO FÚTBOL !

Nesta sección intentaremos achegarvos a actualidade deportiva non futbolística, porque existe , aínda que non o pareza !!.

Como novas máis salientables deste fin de semana , imos a destacar (clica nos enlaces para acceder á noticia) :

1. O campionato do mundo acadado pola Selección Nacional de Hoquei a patíns. É o 16º  Campionato do Mundo, e o 5º de forma consecutiva!!!

2. No campionato do mundo de ciclismo en ruta os españois "Purito" Rodriguez e Alejandro Valverde acadaron as medallas de plata e bronce respectivamente; sendo o vencedor o corredor portugués Rui Costa.

3. No open femino de golf de Francia, a española Azahara Muñoz acadaou a victoria por diante da francesa Glwadis Nocera.

4 O español .Kilian Jornet ven de revalidadr o título de  campión do mundo en carreiras de montaña de ultradistancia, despois de rematar 4º clasificado na última proba , a Ultra race of champions sobre unha distancia de 100 km e un desnivel de 4.000 metros.

5. O atleta keniata Wilson Kipsang bateo o récord do mundo de marathón (42 km e 192 metros) na proba celebrada en Berlín, deixando a marca en 2 horas 3 minutos e 23 segundos; rebaixando en 15" a anterior marca do seu compatriota Patrick Makau.

jueves, 26 de septiembre de 2013

CURSO 12-13: OS ALUMN@S DE 2º E.S.O. DIN NON AO TABACO.

Ao longo do curso anterior, os alumn@s de 2º E.S.O. participaron no programa da Xunta de Galicia " Clases sen fume". Firmaron un compromiso de non fumar, coñeceron os efectos negativos do tabaco, tiveron charlas formativas, fixeron espirometrías para verificar que cumprían o compromiso; e tamén fixeron actividades creativas como cómics e un vídeo. A través destas actividades tratan de reflectir non só as consecuencias negativas, si non tamén cómo afrontar a presión do grupo , que é o máis importante para non comenzar a fumar: saber decir NON!!!.

Si clicas no vídeo poderás ver o que fixeron os vosos compañeiros de 2º!!


martes, 24 de septiembre de 2013

PERIGOS DO SEDENTARISMO.

A U.D.I de 1º da E.S.O. leva o título de "A actividade física fronte ao sendentarismo: beneficios e perigos", e nela estamos a resaltar os beneficios (físicos , psíquicos e sociais) que para a nosa saúde ten a actividade física, e tamén os perigos aos que se enfrenta unha persoa sedentaria.

Neste artigo podedes ampliar os contidos relacionados con esta U.D. , facendo fincapé nos perigos da vidad sedentaria.

Bótalle unha ollada , a túa saúde merece 5' de lectura!!!!

        

COÑECE O CORPO XOGANDO!







Entra neste sinxelo xogo e intenta localizar os músculos e osos.
Por outra banda neste enlace terás información básica sobre o aparato locomotor.
Aprende xogando!!

O CORPO HUMÁN EN 3D !!




Si picas neste enlace sobre a anatomía do corpo humán poderás visualizalo en imaxes 3D, podendo aislar os músculos , osos, arterias,órganos... Ademáis ten un buscador que te acheguerá inmediatamente ao que máis che interesa. Necesitarás ter instalado o navegador de Google ou Firefox4.

Navega nesta web, serache de gran utilidade nesta U.D.I.

viernes, 20 de septiembre de 2013

CORRENDO POR OURENSE.



O alumo de 4º de E.S.O. David Alonso, achéganos os enlaces das catro probas disputadas ata o de agora na edición deste ano de Correndo por Ourense: Vinteún, Corpus, Couto e Ponte. Nestes enlaces poderás comprobar a túa clasificación así tamén como o vídeo da chegada. Así mesmo, poderás comprobar a clasificación xeral desta "liga" de carreiras. Si te animas, aínda quedan dúas probas desta competición:
- domingo 29 de setembro ás 12:00 : Carreira da zona universitaria.
- domingo 27 de setembro ás 12:00:  Carreira da Carballeira.

Ánimo e participa, é unha excelente oportunidade de complementar a U.D.I que estades a traballar!!!!

Clica nestes enlaces:
CARREIRA DO VINTEÚN
CARREIRA DO CORPUS
CARREIRA DO COUTO
CARREIRA DA PONTE
CLASIFICACIÓN XERAL

Moitas grazas a David Alonso!!

martes, 17 de septiembre de 2013

A ACTIVIDADE FÍSICA vs OS MALOS HÁBITOS. (apontamentos U.D.I 3º E.S.O.)

U.D.I ACTIVIDADE FISICA FRONTE AOS MALOS HABITOS.doc by guillermo060473

O ALMORZO É FUNDAMENTAL.

Si accedes a este ENLACE, atoparás unha infografía que , paso a paso, explicarache :
1. por qué é fundamental facer un bo almorzo.
2. cómo debe ser o almorzo.
3. exemplos de almorzos saudables.

Desde o Seminario de E.F. estamos a recalcarvos a importancia dunha correcta alimentación. O almorzo forma parte indispensable da mesma. Navega no enlace e sabrás por qué!!!!

                         

APONTAMENTOS U.D.I 2º E.S.O.: " A ACTIVIDADE FÍSICA COMO ESTILO DE VIDA"

C.F..doc by guillermo060473

ADESTRAMENTO BÁSICO DA RESISTENCIA AERÓBICA E A FLEXIBILIDADE ORIENTADO Á SAÚDE.( apontamentos 4º E.S.O. U.D.I)

U.D.I ADESTRAMENTO.doc by guillermo060473

lunes, 16 de septiembre de 2013

ACTIVIDADE FÍSICA E SAÚDE .

Pica neste  ENLACE  interesantísima web que recolle os aspectos básicos e fundamentais relacionados coa actividade física : antes , durante e despois da mesma. Sumérxete e atoparás cousas que podrás aplicar no teu día a día: quencemento, alimentación, roupa axeitada, primeiros auxilios....Tamén podrás poñer a proba os teus coñecementos coas actividades que che propoñen.

Anímate, pasarás un bo rato e aprenderás moito!!

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN NA E.S.O.



Os criterios de cualificación para o curso 13-14 na E.S.O. serán os seguintes:

- ESFORZO: 3 puntos
- PROBAS PRÁCTICAS: 3 puntos.
- NORMATIVA: 2 puntos.
- PROBA TEÓRICA: 1 punto (0,9 contidos e 0,1 presentación).
- TRABALLOS VOLUNTARIOS: 0,5 puntos ( 0,25 contidos e 0,25 presentación).
- HIXIENE CORPORAL: 0,5 puntos.

A atención á diversidade é fundamental, por eso as particulariedades psico-motrices de cada alumn@ son o punto de partida para a cualificación.

Lembra o que di Rafa Nadal:" o éxito é 90% esforzo".


viernes, 6 de septiembre de 2013

PROBAS DE ACCESO I.N.E.F. de PONTEVEDRA.

Como na entrada anterior eiquí tedes a información / reglamento das probas de acceso ao INEF de Pontevedra, e un vídeo coa execución das probas.

jueves, 5 de septiembre de 2013

PROBAS ACCESO INEF CORUÑA.

Para aqueles ex-alumn@s que están cursando o bacharelato e teñen intención de estudar Ciencias do deporte e a actividade física no I.N.E.F. da Coruña, consultade neste enlace para coñecer o reglamento das distintas probas.
No vídeo podedes ver a execución de cada unha delas. Lembrade que o Seminario está a vosa disposición para calquer axuda que precisedes na preparación das probas. Unha aperta !!

miércoles, 4 de septiembre de 2013

COMENZA UN NOVO CURSO : " CONSTRUIMOS PONTES, ABRIMOS CANLES".

O mes de setembro trae consigo o comenzo dun novo ano escolar. Desde o Seminario de E.F. desexamos que este sexa un curso cheo de experiencias  que vos axuden a desenvolvervos con seguridade e confianza na vida. Esperamos que o obxectivo xeral do Centro: "Construimos pontes, abrimos canles" sexa unha realidade !.

Para o curso lembra o que di Rafa Nadal : " o éxito é 90% esforzo".