QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

martes, 10 de noviembre de 2015

INFORMACIÓN E CONSELLOS PARA A SAN MARTIÑO!!

                            CONSELLOS PRÁCTICOS ANTES DA  CARREIRA.                                                               
  • O chip xa vai incorporado ao dorsal na parte posterior.
  • Non te coloques nas posicións dianteiras, evitarás empurróns e caídas.
  • Fai un bo quencemento: movilidade articular, desplazamentos, coordinación e estiramentos.
  • Leva roupa axeitada, mellor pantalón curto que chándal. E non corras con zapatillas de vestir!!!
                                   CONSELLOS PRÁCTICOS PARA A CARREIRA
  • Nas costas baixa o ritmo, aforrarás esforzos.
  • Non te pares de golpe no medio do pelotón para atar a zapatilla, os que veñen detrás tropezarán contigo. Bótate á beirarrúa.
  • Dosifica o esforzo, trata de correr sempre ao mesmo ritmo. Lembra:  se non che costa respirar e que vas ao ritmo correcto, se che falta aire e que vas demasiado rápido, desta forma evitarás os molestos flatos ou "puntos". De todas formas se che da un, camiña durante un rato recuperando a respiración.
                              CONSELLOS PRÁCTICOS PARA DESPOIS DA CARREIRA.
  • Ao chegar á meta, non te tires ao chan nin pares de golpe. Camiña durante un treito para que as pulsacións e a respiración recobren pouco a pouco os seus valores normais.
  • Non bebas moito de golpe, e se tes moito calor non bebas bebidas frías, pódeche dar un corte de dixestión.
                                     .