MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día.
Grazas !
" Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino".
Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.
martes, 3 de diciembre de 2013
PROBAS PRÁCTICAS ATLETISMO. VÍDEOS !!
Achégase o final da U.D.II que en 1º, 2º e 3º de E.S.O. está adicada á velocidade a través de distintas probas de atletismo: carreiras individuais e relevos en 1º, triple salto en 2º , e carreiras de valados en 3º.
Achégovos varios vídeos para que lembredes a execución das distintas técnicas atléticas que estamos a traballar. Ánimo e a practicar !!!!