QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

martes, 15 de septiembre de 2015

UN NOVO MAR POLO QUE NAVEGAR: A FUNDACIÓN SHE !!!

Comezamos un novo curso cun novo mar polo que navegar : a web da Fundación SHE. Como sabedes o noso Cole é un dos integrantes deste ambicioso plan de hábitos saudables dirixidos polo prestixioso cardiólogo Valentín Fuster.
Bucea pola nosa barra lateral ou clica na foto e atoparás o enlace. A que esperas ?