QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

martes, 10 de noviembre de 2015

CARREIRA DO SAN MARTIÑO !!!!

Este domingo celébrase unha nova edición da carreira popular máis importante da nosa provincia: A Carreira popular do San Martiño. Nesta XXXIX edición batimos o récord de  participación do noso Centro , con máis de 200 alumnos / as anotados.

A carreira escolar ( nados entre 1999 e 2006 ) comenzará ás 12:30 con saída na Ponte do Milenium e chegada ao Pavillón dos Remedios cun percorrido de 4,7 km.

A carreira de cativos ( nados no 2007 e posteriores )  comenzará ás 13:15, con saída e chegada semellante á categoría escolar , pero cunha distancia de 1,7 km.

Lembrade que na categoría escolar non podedes correr acompañados por maiores. Na categoría cativos os pais sí poden acompañar aos nenos/as durante a carreira.

NON ESQUEZADES FACER UN BO QUENCEMENTO !!!!

RECORRIDO.