QUE É MOVETE ?

MÓVETE ! é o blog do Seminario de Educación Física do CPR PLURILINGÜE SAN JOSÉ - JOSEFINAS de Ourense. Dous son os obxectivos principais deste blog: por unha banda facilitar o voso desenvolvemento e motivación na área de E.F. a través da publicación dos apontamentos das unidades didácticas, enlaces que completen a vosa formación, os vosos traballos , os vosos éxitos deportivos... Pero tamén queremos ser unha canle para fomentar a adquisición de hábitos saudables que perduren no tempo, e dotarvos da autonomía suficiente para desenvolvervos no voso día a día. Grazas ! " Cóntamo e olvidareino, ensínamo e recordareino , involúcrame e aprendereino". Benjamin Franklin. Ciéntifico estadounidense.

martes, 17 de noviembre de 2015

NORABOA !!!!

Felicitacións a todos /as participantes da Carreira do San Martiño que vimos de celebrar, especialmente aos 130 atletas do noso Colexio, que desde os máis cativos de Infantil, ata os máis grandes da ESO, pasando por algún profesor e profesora; contribuíron a facer grande esta fermosa proba popular.

Clica nas fotos e tendrás acceso directo á galería de fotos da carreira, así tamén como a clasificación dos participantes do noso Colexio (tanto na categoría escolar como de cativos). En qué posto quedaches do Colexio ? Compróbao !!!


San Martiño - Foto 29          San Martiño - Foto 52          San Martiño - Foto 1